Ciencias

 4º de Primaria

Tarefas para o mércores 3 de Xuño


Pobos colonizadores: fenicios e cartaxineses

Seguimos cos pobos colonizadores da Península Ibérica. Despois de ver os gregos hoxe seguimos cos fenicios e cartaxineses.


Le o seguinte resumo:

Os Fenicios 

Son un pobo procedente de de a costa mediterránea asiática. 

Chegan á península fai uns 2.600 anos para comerciar. 

Instaláronse na costa andaluza onde fundan colonias como Gadir (Cádiz), Malaka (Málaga) e Sexi  ( Almuñecar). 

Organizábanse en cidades independentes e eran grandes navegantes e comerciantes. 

Intercambiaban adornos de ouro e prata, cerámica, marfil ou seda. 

Lograron avances na navegación co espolón de proa. 

Legáronnos o seu alfabeto, que aínda usamos hoxe e que usaron gregos e romanos. 

Os Cartagineses 

Chegaron á península ibérica fai uns 2.300 anos. 

Procedían do norte de África e instaláronse nas antigas colonias fenicias e fundaron outras novas como Eivisa e Cartaxena. 

Organizábanse en reis, campesiños, artesáns e sacerdotes. 

Chegaron para intercambiar metais e asentáronse aquí. Destacaron na elaboración de obxectos artesanais como colares, vasillas ou amuletos. 

Eran un pobo guerreiro que se enfrontou aos romanos polo dominio do Mediterráneo, ao vencer os romanos, a civilización cartaginesa desapareceu. 


Mira e escoita con atención os seguintes vídeos sobre os pobos colonizadores:


Copia o seguinte esquema no teu caderno sobre os pobos colonizadores:

Completa a seguinte ficha e ao acabar dálle a enviar:


Control desta unidade: Os pobos prerromanos. Cando termines dálle a ENVIAR. 


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar