Ciencias

 4º de Primaria

Tarefas para o mércores 22 de Abril


Copia no teu caderno e estuda o seguinte resumo.

Os traballos que ofrecen servizos

O sector terciario

Agrupa os traballos que non producen obxectos, senón que ofrecen servizos ás persoas.

Algún servizos son: 

  • O comercio: vende produtos do sector primario e secundario aos consumidores a cambio de diñeiro. 

            É o servizo onde máis traballadores hai en España.  

            Segundo onde se vendan os produtos pode ser: comercio exterior ou comercio interior

            Comercio exterior. Véndense produtos entre países. Cando se compran produtos a outro                  país chámase Importación e cando se venden chámase Exportación.

            Comercio interior. Véndense produtos nun mesmo país.

  • O transporte: É o traslado de produtos e viaxeiros. Son os condutores, pilotos, camioneiros ou taxistas.                                                                                                                                  Úsanse os medios de transporte: coches, trens, avións... e as infraestruturas de comunicación: estradas, vías férreas, aeroportos, portos.
  • O turismo:Agrupa as actividades relacionadas cos desprazamentos de persoas para descansar e divertirse.                                                                                                                        No turismo interveñen os hoteis, transporte, axencias de viaxe, restaurantes...
  • Outros: Educación, Sanidade, Finanzas...

Persoas que traballan neste sector: poucas. En España son 74 de cada 100 persoas, e na Unión Europea, 68 de cada 100.


Mira e escoita os seguintes vídeos para entender mellor o resumo que acabades de escribir.

Sector Terciario

Para ver o vídeo con máis información, pica na seguinte ligazón.


Esta actividade axudaravos a memorizar este apartado 


Actividade para entender o que é o COMERCIO


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar