Ciencias

 4º de Primaria

Tarefas para o mércores 18 de Marzo


  • Copiar no caderno e estudar o seguinte resumo sobre os artrópodos:

OS ARTRÓPODOS

Características:

  • Grupo de animais máis numeroso.
  • Revestidos dunha cuberta dura que é coma un esqueleto externo.
  • Este esqueleto externo está formado por varias pezas unidas por articulacións.
  • Teñen patas tamén articuladas.

Grupos:

  • Insectos
  • Crustáceos
  • Arácnidos
  • Miriápodos

Os insectos

  • Case todos son terrestres pero hai algún acuático.
  • Teñen o corpo dividido en tres partes: cabeza, tórax e abdome.
  • Na cabeza ten boca, ollos e dúas antenas.
  • No tórax ten dúas ou catro ás e seis patas.
  • Son ovíparos e en moitos insectos do ovo sae unha larva, a eiruga e despois dun tempo transfórmase en crisálida e esta en adulto. A transformación desde larva a adulto chámase metamorfose.

  • Vídeos sobre os artrópodos.

  • Páxina interesante sobre os artrópodos para ler e ver as imaxes. 

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar