Ciencias

 4º de Primaria

Tarefas para o luns 30 de Marzo

Unidade 6

  • Copiar no caderno e estudar o seguinte resumo:

COMO SE ESTUDA A POBOACIÓN

A poboación dun lugar é o conxunto de persoas que vive nese territorio, é dicir, os seus habitantes. 

Para estudar a poboación dun territorio, empréganse:

  • O padrón municipal: o Concello realiza un rexistro da poboación que vive no municipio. Publícase cada ano.
  • O censo de poboación: documento que contén os datos do padrón e engade outros máis. Actualízase cada 10 anos.

A poboación clasifícase:

  • Por sexo: en número de homes e mulleres.
  • Por idade: xente nova que son as persoas menores de 16 anos, adultos as que teñen entre 16 e 65 anos e os anciáns que son as persoas maiores de 65 anos.
  • Por actividade: en poboación activa ( ocupada ou desempregada) e poboación inactiva (menores de 16 anos, persoas adultas que están enfermas e os xubilados).

Mira estos vídeos onde se explica cal é a poboación activa e a inactiva.


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar