Ciencias

 4º de Primaria

Tarefas para o luns 20 de Abril

Escoita con atención o seguinte vídeo para recordar a clasificación dos traballos en sectores


Copia no teu caderno e estuda o seguinte resumo.

Os traballos que obteñen produtos

  • Os traballos do sector primario.
  • Os traballos do sector secundario.

O sector primario 

Agrupa os traballos que obteñen produtos que poden utilizarse directamente, como froitas e hortalizas; ou que serven de materia prima para a insustria, como a madeira para fabricación de mobles.

Estes traballos son: 

  • A agricultura: consiste en cultivar a terra para obter produtos vexetais. As persoas que cultivan a terra son os agricultores.
  • A gandaría: é a cría de animais para obter produtos como carne, ovos, leite e coiro. As persoas que realizan esta actividade son os gandeiros.
  • A pesca: é a captura de peixes e moluscos das augas superficiais e mariñas. Os mariñeiros e os pescadores realizan esta actividade.
  • A minaría: extrae da codia terrestre rochas, minerais e metais que se usan como materia prima  na industria para elaborar outros produtos.

Persoas que traballan neste sector: poucas. En España son 4 de cada 100 persoas, e na Unión Europea, 5 de cada 100.

O sector secundario

Agrupa os traballos que transforman as materias primas en produtos elaborados.

Estes traballos son:

  • A artesanía
  • A construción
  • A industria: Esta é a actividade do sector secundario na que traballan máis persoas. Úsanse máquinas para transformar as materias primas en produtos elaborados. Esa transformación chámase proceso industrial e realízase cun traballo en cadea. 

Persoas que traballan neste sector: En España son 22 de cada 100 persoas, e na Unión Europea, 27 de cada 100. 


Mira e escoita os seguintes vídeos para entender mellor o resumo que acabades de escribir.

Sector Primario

Sector Secundario


Estas actividades, aínda que están en castelán, axudaranvos a memorizar este apartado 


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar