Ciencias

 4º de Primaria

Tarefas para o luns 1 de Xuño


Pobos colonizadores: os gregos

Despois de coñecer os pobos que habitaban a Península, agora vas coñecer os pobos colonizadore. Hoxe empezamos cos gregos.


Le o seguinte resumo e fíxate no mapa

Os gregos 

  • A súa civilización naceu fai uns 3.000 anos na península dos Balcáns. 
  • Vivían en polis (pequenas cidades). Cada polis tiña gobernantes, leis e exército propio. 
  • As principais foron Esparta e Atenas
  • Nalgunhas gobernaban persoas elixidas por cidadáns libres e considérase a orixe da democracia. 
  • Organizaron expedicións polo Mediterráneo para cultivar e para establecer relacións comerciais. 
  • Cando chegaban a un lugar formaban unha colonia e instalábanse, conservando os seus costumes e formas de goberno. 
  • Na península ibérica fundaron cidades como Rosas, Ampurias, Sagunto e Denia
  • A vida na polis organizábase ao redor da acrópole (zona cos edificios máis importantes, como os templos) e o ágora (praza do mercado, de paseo ou reunión dos cidadáns). 
  • Na península ibérica introduciron o torno para a cerámica e as moedas. 

Mira e escoita con atención os seguintes vídeos sobre a civilización grega.


Copia no teu caderno o seguinte esquema:


Completa a seguinte ficha e ao acabar dálle a enviar:


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar