Ciencias

 4º de Primaria

Tarefas para o luns 16 de Marzo


  • Copiar no caderno e estudar o seguinte resumo sobre os moluscos:

OS MOLUSCOS

Características:

  • Teñen o corpo brando.
  • A maioría teñen unha ou dúas cunchas.
  • Gran parte deles viven na auga: mexillóns, polbos, ameixas, luras...
  • Algúns na terra, como os caracois.
  • Son ovíparos. Do ovo sae unha cría que se chama larva.

Grupos:

  • Moluscos bivalvos: 

Teñen o corpo protexido por dúas cunchas.

Son todos acuáticos, a maioría mariños.

Ameixas, ostras, berberechos, vieiras, mexillóns...

  • Os caracois:

Teñen unha soa cuncha que se enrola en espiral.

Hainos terrestres e mariños.

Algúns non teñen cuncha, como a lesma.

  • Os polbos, as luras e as sepias:

Teñen tentáculos con ventosas para capturar o alimento.

Os polbos non teñen cuncha.

As luras e as sepias téñena no seu interior.


  • Vídeos sobre os moluscos

  • Páxina interesante sobre os moluscos para ler e ver as imaxes. 
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar