Lingua
4º de Primaria
Tarefas para o xoves 23 de Abril
- Ler a teoría sobre as Palabras Esdrúxulas da páxina 116. A continuación, copiar este esquema no caderno (non te esquezas da data en vermello aínda que eu non cho recorde...).

- Facer o Exercicio 1 da páxina 116. Non fai falta facer os debuxos ou copiar o encrucillado, pero si que quero que coloquedes as palabras nunha columna.
- Exercicio 3 páxina 117. Primeiro ler ben as adiviñas en voz alta, entendelas e resolvelas. Despois, facer unha oración que teña sentido con cada unha desas palabras esdrúxulas.
- Actividade online sobre palabras esdrúxulas:
- Actividade online para o repaso das palabras agudas, graves e esdrúxulas: